Hoxe celebrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Categoría: Evento

Hoxe, 25 de novembro, celebrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data que debemos reivindicar cada día, pois é unha responsabilidade individual e colectiva conseguir unha igualdade real entre homes e mulleres.
Son moitas e moi variadas as maneiras nas que a violencia machista exerce o poder contra as mulleres que, dende moi cativas, interiorizan as diferenzas de xénero no seu maxín. Esta é unha lacra social que se introduce e difumina en todos os ámbitos da nosa vida. Debemos estar moi espertas e espertos para combatila, a través da educación, os actos e as nosas decisións.

Comparte nas túas redes sociais ou por email