Francisco Fernández del Riego, 102 anos e o cuestionario Proust

Categoría: Nova

Ramón Nicolás leva moito tempo dinamizando a nosa vida literaria a través, tamén, das redes a través do seu excelente blogue Caderno da Crítica. Un dos apartados máis gorentosos é o Cuestionario Proust no que unha cantidade xa non pequena de autoras e autores responden exactamente ás mesmas preguntas.
Onte, coincidindo co que sería o seu 102 aniversario, recuperou o do noso inesquecible Francisco Fernández del Riego.
Na ligazón á dereita destas páxinas podes lelo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email