Entrega do Premio García Barros 2012

Categoría: Nova

A Estrada convertirase este vindeiro venres no centro de atención do mundo literario galego coa entrega do XXIV Premio de Novela Manuel García Barros que publica a nosa editorial. Persoeiros procedentes do mundo da cultura, e de distintos ámbitos sociais reuniranse no Teatro Principal para facerlle entrega ao escritor Santiago Lopo do Premio desta edición, un premio que recaeu na novela "Hora zulú". Unha edición que honra, este ano, o trinta aniversario do pasamento do escritor estradense. A entrada ao acto é totalmente de balde

Comparte nas túas redes sociais ou por email