E a tarde volveuse laranxa

Categoría: Nova

A escritora Ana María Fernández, unha das pioneiras da nosa LIX, publica estes días en Galaxia, na colección Árbore 8 anos, un dos seus libros máis delicados, coidados e coloristas. Ilustrado por María Ruíz Castelain, leva por título VERSOS DA TARDE LARANXA e é unha ollada lírica pola realidade e todas as súas manifestacións, dende as estacións, ás rúas, dende as propias cores aos sentimentos. E, sobre todo, ás palabras.
A ilustradora contribuíu a facer deste volume que estes días vai chegando ás librerías do país, unha pequena alfaia poética.

Comparte nas túas redes sociais ou por email