O escritor galego Domingo Villar é o único escritor do estado español convidadi á XII edición do Prime time Crime Time, Festival de Novela Negra que se celebra en Bremen.
O autor de 'A praia dos afogados' manterá un encontro cos lectores e haberá unha lectura da súa primeira novela, 'Ollos de auga' o 19 de setembro na Concordia Theater de Bremen. Con esta novela foi finalista en dúas catego­rías dos Crime Thiller Awards en Reino Unido e obtivo o I Premio Sintagma, o Premio Brigada 21 e o Premio Frei Martín Sarmiento concedido por escolares de toda Galicia.
Por outra banda, no mediodía de hoxe déronse a coñecer os títulos dos libros finalistas para recibir o galardón 'Premio Libro del Año' que conceden os libreiros de Madrid. A tradución ao castelán de 'A praia dos afogados' é un dos libros escollidos á beira das novidades doutros autores como Javier Cercas, David Trueba ou Luís García Montero.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR