Celebra o Entroido coas Maimiñas

Categoría: Nova

O Carnaval é tempo de festa e de actuacións musicais en todos os currunchos de Galicia. Probablemente non haberá vila ou cidade galega na que non exista unha programación específica pensada para que os máis pequenos e pequenas, que ademais gozarán as vacacións escolares, poidan tirarlle todo o zume festivo a este tempo de disfraces e lecer.
As Maiminas contribuirán sen dúbida a este tempo de festa As Maimiñas, actuando no entroido de Salceda de Caselas coas cancións do seu libro-disco "Unha Viaxe polo Mundo". Espéranvos no Parque Raíña Aragonta, o próximo sábado 14 de febreiro, ás 12.00 da mañá.
Feliz Carnaval para todas e para todos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email