A música infantil arrasou no Culturgal

Categoría: Nova

Foron centos os nenos e nenas que se achegaron esta fin de semana ata o Cuarto dos Nen@s do Culturgal para asistir aos concertos de presentación de 'Bicos de música', de Mamá Cabra, e de 'María Fumaça' (quen logo, á tarde, encheu absolutamente o Auditorio das Pozas en Petelos-Mos).

No noso blogue deixamos unha montaxe fotográfica que vos dará a medida do éxito acadado por estes dous disco-libros-dvds que están a ser o agasallo máis solicitado para este Nadal.

Comparte nas túas redes sociais ou por email