Xosé Monteagudo entrevistado no Biosbardia

Categoría: Nova

Xosé Monteagudo é un dos autores do momento grazas á súa última novela, Todo canto fomos, a historia dunha mestra que loita contra a desigualdade e os prexuízos sociais nunhas circunstancias difíciles. Hoxe aparece no Biosbardia unha entrevista co autor na que debulla algunhas das claves da novela, das súas teimas como escritor, o retrato da Pontevedra daquel tempo, a historia dunha mestra que podería ser outra…
“Hai trazas de personaxes e situacións reais nos protagonistas. E aparecen cos seus nomes personaxes reais da Pontevedra dese tempo, caso de Alexandre Bóveda ou Castelao. É certo que eu non quería reproducir a Galicia “real” senón fixarme nas situacións dunhas personaxes concretas, que en efecto estiveron no bando perdedor. Pero explico, a través das súas vivencias, por que estiveron no bando perdedor, por que foron reprimidas as súas arelas. E aínda que son personaxes inventadas, quen lea o libro pode encontrar reflexos en persoas reais. Velaí o caso da mestra que favorece mellorar a escola rural á que é destinada. Cantas mestras houbo así na Galicia daquel tempo?”.
Literatura que fascina, que interesa, que entretén..
 
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email