XIV Premio de Narrativa Breve Repsol

Categoría: Premio

O Premio de Narrativa Breve Repsol está convocado pola Fundación Repsol, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia.
A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia na súa colección Literaria.
As obras poderán enviarse ata o próximo 31 de xullo de 2020. Os textos deberán ser orixinais e escritos en galego, conforme á normativa establecida pola Real Academia Galega, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120.
Unha vez pechado o prazo, un xurado decidirá a obra gañadora que se dará a coñecer no mes de setembro. Estará conformado por cinco membros, que representarán á Fundación Repsol, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería, a Real Academia Galega, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Editorial Galaxia.
Podes consultar as bases ao completo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email