Visita do Instituto Argentino – Gallego Santiago Apóstol á Editorial Galaxia

Categoría: Evento

Hoxe tivo lugar unha visita moi especial á Editorial Galaxia. Rapazas e rapaces chegados dende o outro lado do océano Atlántico, viñeron á nosa casa para reafirmarse nos valores legados polos devanceiros, que levan ata a súa terra, Bos Aires, no seu quefacer cotián.
Os visitantes foron alumnas e alumnos do Instituto Argentino – Gallego Santiago Apóstol que veñen ano tras ano para facer un percorrido cultural e coñecer máis de cerca esta Galicia ampla que ademais de terra, tamén é sentimento. Unha nación que non pode ser entendida sen o feito da emigración, o cal é unha peza máis da súa personalidade e historia. A presenza destas novas xeracións aquí hoxe é unha testemuña e un bo exemplo do resultado de toda a galeguidade que tivo que emigrar un día a outra terra, neste caso a quinta provincia galega, soñando cun futuro mellor sen esquecerse xamais do seu sentido de pertenza e da súa identidade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email