Últimos días para presentarte ao XIII Premio de Narrativa Breve Repsol

Categoría: Nova

O vindeiro mércores 31 de xullo rematará o prazo para participar na XIII edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.
Convocado pola Fundación Repsol, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia, o Premio de Narrativa Breve Repsol nace coa intención de contribuír ao desenvolvemento da literatura en galego.
O premio conta cunha dotación económica de 12.000 euros e a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia na súa colección Literaria. Para participar, os textos deben ser orixinais e escritos en galego, conforme á normativa establecida pola Real Academia Galega, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120.
Unha vez pechado o prazo, un xurado decidirá a obra gañadora que se dará a coñecer no mes de setembro. Este xurado estará conformado por cinco membros que representarán á Fundación Repsol, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería, a Real Academia Galega, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Editorial Galaxia.
Podes consultar as bases ao completo aquí.
Non esperes máis para participar!

Comparte nas túas redes sociais ou por email