Sapos e sereas: a estrea de Ana Cabaleiro

Categoría: Nova

O pasado sábado, presentábase na casa de xantar A culler en Silleda, o libro de relatos co que Ana Cabaleiro se estreaba como narradora entre as novidades deste mes. Alí estiveron, dándolle a benvida a Sapos e sereas nun acto ateigado de público, a concelleira de cultura de Silleda, Ana Luísa GonzálezCosta, e o seu editor, Francisco Castro.
Ademais, ás boas novas dende a chegada ás librarías deste monllo de relatos, súmase agora a lectura que Ramón Rozas publicaba este luns no Diario de Pontevedra e que xa se pode ler no seu blog persoal: “Unha estrea literaria feita dende o compromiso, dende a mirada anovada a unha sociedade que ten que mudar e para iso Ana Cabaleiro vai ata onde todo xorde, ao imaxinario que pouco a pouco se foi pousando no noso maxín e que sen darnos conta queda preso no noso interior por moitos anos que pasen”. Unha estrea sólida, fresca, orixinal.

Comparte nas túas redes sociais ou por email