VersogramasBelén MonteroJuan LestaEditorial Galaxia publica “Versogramas”: o primeiro documental sobre videopoesía ‘Versogramas’ é un documental creativo arredor do panorama internacional da videopoesía que publica a Editorial Galaxia dentro da súa colección LIBRO-CINEMA. Producido por Esferobite, coa coprodución da Televisión de Galicia, trátase do primeiro documental de longa duración en explorar o fenómeno da videopoesía, un xénero artístico de crecente popularidade, e nel participaron vídeopoetas como Yolanda Castaño, Antón Reixa, Iria Pinheiro ou Dionisio Cañas. Dirixido por Belén Montero, con codirección de Juan Lesta, ‘Versogramas’ estreouse na primavera de 2018 e comezará o seu percorrido por festivais nacionais e internacionais. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogoActividades relacionadasNovidades
| |||||||||||
|