V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, 2022
Miguel observa o mundo con ollos comúns, pero ten unha mirada diferente. A súa cabeza procesa as cores, os números e a música dun xeito especial. Quen o rodea é consciente do extraordinario do seu interior.
Miguel sente que baixo o peito algo estoupa.
Ten un volcán dentro.
É unha das autoras máis recoñecidas da literatura infantil e xuvenil galega. Comezou a escribir moi nova e a recibir premios e distincións literarias. Desde entón non deixa de soñar historias, o que deu como froito os máis de cincuenta títulos que ten nas librerías. Entre eles, podemos destacar volumes de poesía e narrativa, como é o caso de Rubicundo, Vagalume de versos, A cazadora de estrelas, O neno Inverno e Muriel, co que obtivo o Premio Merlín 2017. Tamén ten obras pensadas para o público adulto, como O lado do que dormes e Non é París.
Desde hai uns anos podes vela na TVG, pois guionizou e presentou distintos programas de corte cultural, e coa obra H2… OH!!! gañou o Premio Follas Novas, na categoría de Mellor Libro de Divulgación do ano 2021.
Tamén podes achegarte a falar con ela en @_MariaCanosa.