A tradución ao galego dun libro xa clásico da literatura infantil.
A universal historia do boneco de madeira que quixo ser neno, as súas aventuras, desventuras, peripecias... que Galaxia leva ás mans dos máis pequenos en lingua galega.
Pseudónimo do escritor Carlo Lorenzini autor de As aventuras de Pinocho.
Naceu en Florencia e ata os 17 anos estudou en escolas de relixiosos; logo, durante toda a súa vida, enriqueceu a súa cultura literaria, linguística e musical grazas a frecuentar círculos intelectuais ás súas viaxes. Morre en Florencia no ano 1890.