Estás aquí:

Código: 19484

O MISTERIO DO CASTRO DE SANTA TREGA

16,00 € IVE INCLUIDO

Ilustracións ESTHER S. RIVAS

Unhas vacacións máis, o misterio chama por Antón, Sabela, Iria, Carola e Venres, esta vez na Guarda. Seu pai ten que acudir a un congreso e toda a familia vai acompañalo, pero xusto o día da partida a avoa cae polas escaleiras e a nai queda para coidala no hospital. Ao chegar, descobren que nada é o que parece: quen fixo as reservas dos cuartos? Que é esa presenza estraña que senten de cando en vez? Que hai de certo na lenda da Laxe Sagrada do castro de Santa Trega? E se a avoa realmente non caeu, senón que... a caeron?

Terceira entrega da saga dos Misterios, coa que máis de 30.000 lectoras e lectores xa descubriron as súas habilidades detectivescas!

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 160
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 12/11/2026
Dimensións 140 x 210 mm.
Colección: Os Misterios de Antía Yáñez
Nº na colección: 3
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-646-3
Observacións:

AUTORES/AS

Yáñez Rodríguez, Antía
yañez

(Burela, 1991) é enxeñeira de Camiños, aínda que nunca exerceu a profesión. Entre os premios outorgados á súa obra atópanse o Certame de Microrrelatos Lonxa Literaria 2013, de Moaña, o Premio de Relatos Curtos Os Viadutos 2014, de Redondela, e o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016). Actualmente compaxina a escrita coa xestión dunha academia en Cecebre (Cambre), onde imparte obradoiros de escritura para rapazas e rapaces. O misterio de Portomarín é a súa primeira novela.

En 2018 gaña o Premio de Narrativa Illa Nova con Senlleiras, e en 2019 publica O misterio do torque de Burela.

As súas obras

Senlleiras
senlleiras
24.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Os Misterios de Antía Yáñez

O MISTERIO DE PORTOMARÍN
O misterio de Portomarin (Os misterios)
16.00€ CON IVE
O MISTERIO DO CASTRO DE SANTA TREGA
O misterio do castro de Santa Trega
16.00€ CON IVE
O MISTERIO DO TORQUE DE BURELA
O misterio de Torque de Burela (Os misterios)
16.00€ CON IVE