Ilustrado por Blanca Millán
Por fin un clásico da literatura galega como álbum ilustrado. Blanca Millán converte o poema de Curros Enríquez nunha festa visual delicada, chea de lirismo e pracer estético. Un libro imprescindible para que as nenas e os nenos coñezan un poema esencial de nós.
É, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, unha das grandes voces clásicas da literatura galega do século XIX. Nado en Celanova en 1851, desenvolveu un interesante labor como xornalista, e foi o autor dalgunhas das obras poéticas de máis valía das letras galegas. Poeta realista de carácter cívico, amosou a súa perspectiva galeguista progresista e o seu compromiso cos oprimidos en Aires d’a miña terra e o seu anticlericalismo en O divino sainete.