Estás aquí:

Código: 2869

O home que mercou un libro

12,60  IVE INCLUIDO
“Lista de Honra OEPLI 2020”
“Son as nove e vinte minutos do día 23 de xuño e hai menos de media hora que Aníbal Hortensio López da Carricova saíra da casa coa intención de camiñar os tres ou catro quilómetros que, de acordo cos consellos do médico, debía andar cada día para beneficio do seu corpo e mesmo da súa mente. Aníbal non ten máis ca vinte e catro anos pero non poderiamos dicir que estea en moi boa forma física. Sóbranlle oito ou dez quilos de peso en opinión do seu endocrinólogo, e na do monitor do ximnasio ó que ás veces acode cumpriría darlle elasticidade a uns músculos que teñen unha clara tendencia a se atrofiar por escaseza de uso...” Así dá comezo esta nova obra de Paco Martín que é, sobre todo, un libro sobre os libros, sobre o esforzo que hai detrás de todos e cada un dos libros. Un libro para ler os que devecen por ler como respirar.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 104
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Coste Oeste
Nº na colección: 116
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-407-7
Observacións:

AUTORES/AS

Martín, Paco
Paco-Martin-©PEPE-ÁLVEZ-196x220

Paco Martín (Lugo, 1940) foi mestre. Leva toda a vida escribindo nos medios de comunicación, onde moitos dos seus artigos foron premiados (Premio Puro Cora de Xornalismo, 1994). Un dos seus grandes intereses foi o ensino da nosa lingua, para o que escribiu libros de texto. Entre a súa vizosa obra destaca Das cousas de Ramón Lamote (1985), Premio Barco de Vapor (1984), Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil (1986) e Lista de Honra do IBBY (1986).
O home que mercou un libro é a primeira obra que publica na colección xuvenil Costa Oeste.

As súas obras

Lembranza nova de vellos mesteres
foto
10.05€ CON IVE

COLECCIÓN

Coste Oeste

Atranco no banco
9788491514053
12.60€ CON IVE
Berta Mir detective. O caso do papagaio que falaba de máis
9788491514039
17.40€ CON IVE
Estrelecer
estrelecer
12.60€ CON IVE
O home que mercou un libro
9788491514077
12.60€ CON IVE
A sombra das árbores
9788491514060
12.60€ CON IVE