Estás aquí:

Código: 2206

Mitoloxía de Galiza

29,30  IVE INCLUIDO
Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres
Nas páxinas desta guía atoparemos meigas, mouros, mulleres, guerreiros e animais fabulosos, sereas e pedras marabillosas; en definitiva, lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, onde, continuando co traballo emprendido anos atrás coa Guía máxica, mítica e lendaria, se tenta derrubar as fronteiras entre mitoloxía e relixión, entre o profano e o sacro, ademais de afortalar a nosa propia conciencia de pobo diferenciado.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 576
Deseño: Capa dura
Data Publicación: 30/09/2011
Dimensións 150 x 220 mm. mm.
Colección: Guías AZ
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-387-8
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Vaqueiro, Vítor
Vítor Vaqueiro

(Vigo, 1948) é autor dunha obra literaria cuxos principais esteos están marcados por poemarios como Informe da gavilla (Galaxia, 1980), A fraga prateada (Galaxia, 1983), A cámara de névoa (1989)Palavras a Espártaco (2015) e 1968 (2018), textos narrativos como Os xenerais de África (Galaxia, 1999), Os nomes da morte (Galaxia, 2002), Os espellos do tempo (Galaxia, 2008) e O soño (re)dirixido (Galaxia, 2010). Alén disto, publicou escritos ao redor da cultura tradicional galega, como Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria (Galaxia, 1998) e Mitoloxía de Galiza (Galaxia, 2011), a divulgación (Guía do norte de Portugal, Galaxia, 2001) e o ensaio Da identidade á norma (2017, en colaboración con Nicolás Xamardo). Como estudoso da fotografía deu ao prelo Pacheco. A memoria dun tempo e dun país (2002) e Facedores de imaxes. Fotografía e sociedade en Vigo. 1870-1915 (Galaxia, 2022), ademais de estudos, en colaboración, sobre Augusto Pacheco e a liñaxe fotográfica dos Llanos, así como artigos en revistas galegas e estranxeiras. Posúe os premios Esquío, da Crítica española e Irmandade do Libro. 

Foto do auto © Distrito Xermar

As súas obras

A fraga prateada
fraga prateada
12.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Guías AZ

Dicionario galego de Pedagoxía
dicionario
43.35€ CON IVE
Mitoloxía de Galiza
mito
29.30€ CON IVE
Toponimia de Galicia
toponimia
esgotado