Estás aquí:

Código: 2117

Milicianos

11,55  IVE INCLUIDO
A EDITORIAL GALAXIA PUBLICA EN EDICIÓN FACSIMILAR OS ÁLBUMES DE GUERRA DE CASTELAO. É A PRIMEIRA VEZ QUE SE PUBLICAN A PARTIR DAS LÁMINAS ORIXINAIS
A Editorial Galaxia pecha o seu ano  literario coa publicación dos Álbumes de Guerra de Castelao. E, por vez primeira, a edición facsimilar realízase a partir das láminas orixinais que están depositiadas no Museo de Pontevedra. Outras edicións fixéronse antes pero nunca como desta volta fai a Editorial Galaxia que os publica por separado e mantendo as características que o propio Castelao quixo para o seu traballo. Os tres álgumes edítanse en edición facsimilar e respectando escrupulosamente as edicións orixinais feitas e controladas polo propio Castelao no seu tempo. Os Álbumes de Guerra conteñen as estampas que Castelao realizou para dar conta das barbaridades do fascismo durante a Guerra Civil Española e están compostas polos títulos Galicia Mártir, Atila en Galicia e Milicianos. O Castelao humorista deixa paso ao Castelao cronista dun tempo de barbarie que,  nas súas estampas, queda inmortalizado coma un berro desesperado e unha protesta contra da barbarie dos fascistas e dun tempo escuro que convén non esquecer para non repetir xamais. Agora, e por vez primeira, a disposición do público galego nunha coidada edición facsimilar que respecta ao cen por cen as calidades e as tonalidades que o propio Castelao aprobou cando saíron no seu día do prelo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 24
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 280 x 380 mm.
Colección: Álbumes de Guerra
Nº na colección: 1
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-275-2
Observacións:

AUTORES/AS

Castelao, Alfonso Daniel
Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos.

En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.

As súas obras

Cousas da vida. Mulleres
foto
esgotado

COLECCIÓN

Álbumes de Guerra

Atila en Galicia
atila-en-galicia
11.40€ CON IVE
"Galicia mártir"
galicia-martir
11.40€ CON IVE
Milicianos
milicianos
11.55€ CON IVE