Unha panorámica xeral e ben documentada do concepto de dramaturxia e das funcións do dramaturxista.
Malia experimentar un considerable desenvolvemento durante o século XX, a figura do dramaturxista aínda hoxe provoca controversias. O seu exercicio profesional cobre un amplo abano de actividades, que van dende a tradución e adaptación ata a crítica teatral ou a lectura e interpretación de textos literarios. Este libro inclúe unha selección de moi diversos materiais para abordar este tema, desde artigos e entrevistas ata unha bibliografía actualizada sobre a materia.
Bert Cardullo é profesor axudante de teatro e drama na Universidade de Michigan.