Historias narradas en forma de romance para atraer os novos lectores á poesía.
Este é un libro sen parangón no actual panorama da literatura galega para rapaces. Antón Cortizas recolle nestas composicións o evocador aroma dos vellos contos a través dunha forma poética, o romance, de rica tradición popular. O interese narrativo destas historias cargadas de humor e emoción lírica, constitúe un atractivo reclamo para a introdución dos lectores máis novos no mundo marabilloso e sempre vivo da poesía.
(Ferrol, 1954) é profesor. En 1986 gañou o premio Curuxa de Humor co relato A medio muller. Desde aquela, a súa dedicación á literatura infantil e xuvenil deparoulle moitos recoñecementos, como o premio Barco de Vapor por Memorias dun río (1988), O conto dos sete medos (1991) e Os gritos das illas Lobeiras (Premio Barco de Vapor 1995), o premio Xeración Nós de textos teatrais por O coleccionista de sombras (1990) e O incrible invento de Solfis a pianista (1994), así como Xogando con gatos (Premio Manuel María de literatura dramática infantil, 2014, e Premio da I gala do libro galego, 2016, modalidade teatro).
Outros títulos publicados por Cortizas son Xiganano, ¿onde estás? (1990), O lapis de Rosalía (1992), A bruxa sen curuxa (1993), O merlo de ferro (1995), A merla de trapo (Premio Merlín 2001) e ¡Cázame ese pensamento! (2001).
En Editorial Galaxia publicou Contos de vento e de nunca acabar (1999), Historias e algún percance todos ditos en romance (2004) (accésit do Premio Lazarillo), Abrapalabra! (2010), Tenrura (2017), Non trabes na lingua (2019), Adiviña esta adiviña (2021), Os dez animais (2022) e Quéresme adiviñar? (2023).
Foto do autor: ©Kiko Delgado.