Con xogos e actividades
Existe unha fraga, a Fraga Revirada, que se chama así porque nela habitan seres únicos, excepcionais, irrepetibles.
Xosé Tomás ten desenvolvido a súa actividade maioritariamente no eido da ilustración e do humor gráfico. O seu debú monográfico en BD chegou coa obra Tolos, para a Universidade da Coruña. Colaborou no suplemento “Xatentendo.com” de “La Voz de Galicia” e traballa como debuxante nas edicións da Coruña e de Carballo deste xornal. Tamén fixo ilustracións e cómics para a revista “Plis-Plas” (Radio Galega / Xunta de Galicia). Participou habitualmente na primeira etapa de “Golfiño”, realizando pasatempos e a serie “Luzbell”. Conduciu diferentes obradoiros sobre BD e expuxo obra en mostras do Museo do Humor de Fene.
Para a nosa editorial ten ilustrado libros como Flis-fli-ris-flás de Araceli Gonda ou Vou ter un irmán! de María Solar.