Estás aquí:

Código: 1330

Grial 228

13,00  IVE INCLUIDO
Un século entre Nós
A aparición da revista Nós en outubro de 1920, da man de Vicente Risco, Castelao e Arturo Noguerol, supuxo un punto de inflexión e unha revolución intelectual para o país por dous motivos centrais: o seu compromiso con Galicia e a súa visión da nosa cultura como unha parte esencial da cultura europea. Iniciábase así unha etapa tan vizosa e fecunda que só hoxe, un século despois, temos a perspectiva suficiente para poder comprender a magnitude da empresa e o valor do seu legado, malia a ruptura que supuxo a Guerra Civil. GRIAL naceu coa vontade de ser continuadora da xeración Nós logo do masacre franquista. De entre os seus fundadores agroman personaxes senlleiros da historia galega: Ramón Otero Pedrayo, Manuel Gómez Román, Francisco Fernández del Riego… Todos eles, ligados dun ou doutro xeito ao Partido Galeguista, retomaron o pulso do país creando un espazo que promovese a conciencia nacional e fose Viveiro de novos escritores. Cen anos despois da creación da revista Nós e setenta da fundación de Galaxia, a revista tiña un compromiso coa xeración que artellou, de xeito sólido, a herdanza do Rexurdimento, a que recuperou a conciencia de Galicia e abriu o vieiro dos estudos da cultura cunha ollada especificamente galega. Este centenario xustifica o presente monográfico. Os campos de estudo son, en potencia, múltiples. Mais decidimos centrarnos naqueles aspectos que consideramos de meirande interese, ben por seren pouco coñecidos ou por convidaren a unha reflexión profunda sobre os aspectos que condicionaron a interpretación política e cultural do noso país. Como os lectores poderán apreciar, optamos por enfrontarmos o tema dende unha visión do conxunto e por desligarnos das biografías persoais. É todo un privilexio para nós presentar as colaboracións de Ramón Villares, Olivia Rodríguez, Emilio Ínsua e Álex Alonso. Os seus traballos abranguen distintos aspectos e ópticas diversas, mais son complementarios entre si e conforman un auténtico retrato de grupo. Velaquí o resultado da nosa homenaxe, que non se quere acto ritual, senón pensamento vivo e recuperación do legado dunha xeración á que nos debemos; porque, agora que pasou un século, estamos convencidos de que chegou o tempo de facer unha avaliación crítica da nosa historia cultural máis recente.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 176
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 185 x 270 mm.
Colección: Grial
Nº na colección: 228
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 0017-4181
Observacións:

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 187
grial187
12.00€ CON IVE