Estás aquí:

Código: 1320

Grial 217

12,00  IVE INCLUIDO
Ciencia e tecnoloxía. Para unha nova comrpensión do mundo
Hai tempo que a ciencia, a tecnoloxía, o coñecemento científico na súa significación máis universal forman parte da axenda de GRIAL. A nosa concepción da cultura non é unha concepción cerrada, senón aberta a todas aquelas achegas que no presente e na historia contribuen (e contribuiron) a comprender mellor a realidade e a transformala, porque o coñecemento é, fundamentalmente, unha ferramenta de transformación. Os seres humanos, ao longo da historia, veñen elaborando un discurso, un sistema de coñecementos para a comprensión do mundo (teórics e aplicados) que explican o desenvolvemento das civilizacións e a cultura. Neste camiño está a filosofía (que nas súas orixes estivo moi vencellada á ciencia), as artes, as construcións míticas e relixiosas (que tamén intentan explicar a realidade) a literatura e, naturalmente, a ciencia. Os grandes momentos de transformación occidental: os clásicos grecolatinos, o Humanismo, o Século das Luces, son fitos que debemos comprender tamén dende os avances científicos e tecnolóxicos. Dende a revolucón industrial para acó ese movemento non fixo máis ca acalerarse e nas derradeiras décadas do século XX o salto cualitativo e cuantitativo foi espectacular. Sen renunciar á súa vocación divulgadora, mais respondendo ás características dunha revista de cultura que dende a identidade de noso (Galicia) procura os grandes temas do tempo que vivimos, este número de GRIAL encomendou ao profesor Jorge Mira, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, licenciado e doutor en Física, de probada capacidade para a divulgación científica, a explicación dalgúns dos grandes avances científicos que condicionan a nosa civilización actual: a teoría da relatividade, por exemplo, a medida do espazo e do tempo, a física cuántica, o impresionante universo do xenoma e da bioxenética, incluída unha análise de cómo estas novas descubertas condicionan a creación artística (Carme Ruíz González, refirida a Salvador Dalí)… Non son os únicos avances ou descubrimentos científicos que explican a revolución do século XX e as primeiras décadas do século XXI, mais sen dúbida no corazón destes grandes temas están os alicerces dunha nova maneira de entender a realidade, de comprender o mundo, tal como enunciamos na cuberta deste número 217. Agradecemos aos colaboradores, profesores Javier Mas Solé, Cibrán Santamarina Ríos, Jaime Gomez Márquez, ademais de a Jorge Mira, o esforzo por achegar a un público non especializado  a esencia ou, cando menos, unha aproximación a estas áreas de coñecemento que tan profundamente condicionan a nosa vida e mesmo o noso futuro. A maiores, o número 217 de GRIAL incorpora estudos e ensaios de temas diversos, relacionados coa literatura, a historia, o cine (conversa de Grial Parga con Oliver Laxe), e mesmo asuntos tan significativos e de actualidade como a cuestión catalana (Albert Branchadell) e unha lectura da Reforma luterana cincocentos anos despois (Xosé Luis Barreiro Rivas).

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 148
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 185 x 270 mm.
Colección: Grial
Nº na colección: 217
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 0017-4181
Observacións:

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 189
189
12.00€ CON IVE