Estás aquí:

Código: 1314

Grial 211

12,00  IVE INCLUIDO
A revista GRIAL e as Irmandades da Fala.
Con gallo do centenario da fundación das Irmandades da Fala (1916) a revista GRIAL dedica o monográfico do numero 211, que xa está nas librerías, á institución que, dende as primeiras décadas do pasado século, marcou a traxectoria do nacionalismo galego e, en gran medida, a modernidade da nosa cultura conteporénea. Justo Beramendi, Henrique Monteagudo, Inmaculada López Silva e Víctor F. Freixanes abordan aspectos políticos, lingüísticos, artísticos (as artes escénicas fundamentalmene) e de comunicación. Na sección Documentos, o profesor Xosé Manuel Dasilva lembra a homenaxe que en 1966 se lle dedicou ao poeta Celso Emilio Ferreiro, cando partiu para Venezuela, abordado dende a documentación da censura franquista, aspecto novidoso no que o investigador vén traballando dende hai anos con autores e textos galegos. A escritora Maria Canosa e e a filósofa Rosi Braidotti, doutora pola Sorbona, fan novas achegas ao monográfico sobre o  feminismo que apuntamos no número anterior (210), e o profesor e crítico de arte Carlos L. Bernández ofrénos un traballo sobre Caros Maside. Na sección  O Espello das Letras, Montse Pernas dedica unas páxinas de reflexión e lembranza a Agustín Fernández Paz, e Carlos Lema apunta unha ollada crítica sobre a significación da novela a partir dunha lectura da última entrega de Xosé Monteagudo, "Todo canto fomos". Para ver o sumario pincha aquí e a carta do director aquí mesmo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 156
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 185 x 270 mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 197
Grial 197
12.00€ CON IVE