Grial 157

Grial. Revista galega de cultura nace e pervive como unha canle para a produción cultural galega e como unha testemuña da súa existencia autónoma, tanto fóra como dentro de Galicia, erixíndose como un espazo de comunicación entre a cultura galega e as culturas do mundo.
Este número pertence á terceira etapa da revista Grial dirixida por Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo .

O número 157 da Revista Grial celebra os corenta anos da publicación e abre unha nova etapa, con novo formato a toda cor e novo consello de administración que enriquece o seu discurso e o amplía, pero mantendo nos contidos e nos obxectivos o que sempre significou Grial, un espazo para a información, o debate e o coñecemento.

O novo Consello redactor, baixo a codirección de Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo, está formado por Carlos Fernández, Xan Bouzada, Alberto Meixide, Dolores Vilavedra, David Barro, Xosé María Álvarez Cáccamo, Carlos Lema, Andrés Torres Quieruga, Domingo Docampo, Ramón Villares, César Portela e Xosé Manuel Soutullo como secretario técnico.

Velaquí unha nova andaina, que baixo a coordinación executica de Xosé Manuel Soutullo, un novo deseño gráfico de Fausto Isorna e cunha dirección compartida, como dixemos por Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo, inicia Grial unha nova andaina coa maior das ilusións e ofrecemos, tamén, a intelixencia crítica dos lectores.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 148
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 185 x 268
  • Data Publicación : 2003-04-01
  • Colección : Grial
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN :
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR