Estás aquí:

Código: 1739

Dona e don

7,90  IVE INCLUIDO
Aposta pola musicalidade da lingua e a sonoridade da palabra nesta nova entrega poética para lectores infantís.
Este libro está cheo de música. Ábreo. Achégao ao oído. Escoita… ¿Que oes? O vento. Na voz do vento todos os seres do mundo contan algún anaco da súa vida. Os animais, as plantas, a lúa, o sol… Todos a falar dalgún segredo que antes non coñeciamos. A voz do vento para as páxinas deste libro e éncheas de poesía.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 60
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/03/2004
Dimensións 130 x 200 mm.
Colección: Árbore a partir de 8 anos
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-676-3
Observacións:

AUTORES/AS

Villar Janeiro, Helena
HELENA-VILLAR

(Becerreá, 1940) licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid. Cultivou a poesía e a narración, con atención particular á literatura infantil e xuvenil. Presidiu a Fundación Rosalía de Castro, foi secretaria do Pen Club de Galicia e formou parte do Plenario do Consello da Cultura Galega. É socia de Honra de Gálix (2015) e da AELG, de quen recibiu o E de escritora (2016), e académica correspondente da Real Academia Galega desde 2017.

Recibiu, entre outros, os premios de poesía, Xosé Mª Chao Ledo (1990), Eusebio Lorenzo Baleirón (1992), Xacobeo (1994), o accésit do M. González Garcés (1994) e Arume de Poesía Infantil (2003).

Foto da autora: © Laura Guizán

As súas obras

A fuga de Guillermo
9788491516101
11.40€ CON IVE
Rábade Paredes, Xesús
rabade

Xesús Rábade Paredes naceu en 1949 na Terra Chá luguesa. Estudou a carreira de Letras na universidade de Santiago e foi profesor de galego no ensino medio. Membro fundador do Pen Club de Galicia, Rábade Paredes é poeta, narrador e estudoso da literatura. Publicou numerosos libros e obtivo varios premios. Así, por exemplo, foi galardoado co Premio Galicia polos libros No aló de nós e Morrer en Vilaquinte, elaborados conxuntamente coa súa dona Helena Villar Janeiro. Tamén recibiu o XIII Premio Esquío co poemario Poldros de música. En Galaxia, Rábade Paredes publicou, entre outros títulos, Saraverde, Branca de Loboso, A palabra secreta e As sombras do barroco.

En 2006 recibiu o Premio Blanco Amor de Novela Longa pola obra Mentres a herba medra, editada por Galaxia.

As súas obras

Memoria do corpo
memoria-do-corpo
11.60€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore a partir de 8 anos

A abella abesullona
abella
9.60€ CON IVE
A noite dos animais
a noite dos animais
esgotado
A princesiña que conducía unha locomotora
princesiña
10.75€ CON IVE
Acuarelas
acuarelas
10.20€ CON IVE
Almas de algodón
Almas de algodón
11.80€ CON IVE
As catro estacións
as catro estacions
10.90€ CON IVE
As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas
laranxas
11.90€ CON IVE
As outras historias
outras
11.40€ CON IVE