Estás aquí:

Código: 19386

CASTELAO PINTOR

24,00  IVE INCLUIDO

EDICIÓN E LIMIAR MIGUEL ANXO SEIXAS SEOANE

EPÍLOGO JOSÉ MANUEL B. LÓPEZ VÁZQUEZ

A historia do Castelao pintor é parella á do debuxante e caricaturista. O xenio plástico e a capacidade para transmitir o relato que contén cada imaxe fan da súa obra pictórica un dos maiores expoñentes dunha arte de vocación popular que, ao mesmo tempo, busca a emoción estética. Castelao acada nos seus últimos cadros unha verdadeira liberación da cor na procura dunha pintura que tamén capta o que non se ve. 

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 152
Deseño: Rústica
Data Publicación: 04/03/2026
Dimensións 240 x 210 mm.
Colección: Biblioteca Castealo
Nº na colección: 6
Edición: 2ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-575-6
Observacións:

AUTORES/AS

Castelao, Alfonso Daniel
Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos.

En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.

As súas obras

As cruces de pedra na Galiza (Simil pel)
foto
esgotado

COLECCIÓN

Biblioteca Castealo

CASTELAO PINTOR
Castelao pintor
24.00€ CON IVE