Van xa máis de trinta anos dende que comezamos a recompilar postais e fotografías antigas de Carballo para intentar recuperar parte da memoria colectiva.
Este libro do historador carballés Xan Fraga Rodríguez é unha iniciativa máis do proxecto colectivo "Carballo na Memoria", co que se está a recuperar a historia fotográfica do concello dun xeito colectivo, onde son as xentes as que achegan o seu saber sobre as imaxes e o amosan nas moitas accións realizadas e na súa web www.carballonamemoria.org.
Anímate e colabora. O que saibas sobre o tema deste libro podes facilitalo. Cada día que pasa pérdese unha historia, axúdanos a recuperar iso que só ti sabes.
Detalles do libro
Paxinas: 256
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 170 X 240 mm.
Colección: Daguerrotipos
Nº na Colección: 1
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-191-5
Observacións:
AUTORES/AS
Fraga , Xan
Xan Fraga (Carballo, 1958) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade Central de Barcelona.