Ramón Máiz é catedrático de Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela. Os seus principais campos de investigación son o nacionalismo e o federalismo comparado, e a teoría política. Algúns dos seus últimos libros son: Democracy, Nationalism and Multiculturalism (coeditado con Ferrán Requejo, 2004), Ethnicisme et Politique (coeditado con Jean Tournon, 2005); Nación y Revolución: la teoría política de E. Sieyès (2007), Nación y Literatura en América Latina (2008), The Inner Frontier (2011). Como compilador: Os sentidos das culturas (2011). É vicepresidente do Comité sobre Ética e Política da Asociación Internacional de Ciencia Política.