É o libro co que Carlos Vila Sexto gañou o V Premio Rúa Nova de narracións xuvenís cando era un rapazolo moi moi moi novo. Agora recuperamos nesta nova edición un libro que continúa sorprendéndonos pola súa frescura e, sobre tidim pola intriga...
O autor narra unha historia apaixonante e divertida, unha historia de amizade e perigos.
Relato de aventuras no que se dosifican con moi bo criterio a realidade e a fantasía e que prende a atención do lector desde a primeira e a derradeira páxina. A graza dos seus personaxes e diálogos, a construción dos distintos episodios, as contínuas alternativas de acción, a complicidade establecida entre narrador e lector, converten este libro no prometetor punto de partida dun escritor novo e sorprendente.
Unha narración adscrita ao xénero fantástico e de aventuras, cunha innegable influenza cinematográfica e un bo manexo de recursos.
Naceu na Coruña en 1977, aínda que a súa vida familiar está moi ligada á cidade de Ourense, onde transcurriu boa parte da súa infancia e adolescencia. Lector e escritor precoz, deuse a coñecer aos catorce anos cando publicou a súa primeira obra, Alén da aventura (1992), gañadora do certame de novela xuvenil "Rúa Nova". Un ano máis tarde deu ao prelo Gárgola, tamén na colección Costa Oeste, e outro exemplo do tipo de novela que a Carlos Vila Sexto lle gusta contar: historias ben construídas nas que o medo, o terror ou o suspense fan que o lector non poida deixar de ler. En 1995 publicou Cara a fin da luz, abrindo un período no que se volcou na escrita de guións para series audiovisuais e películas, ámbito no que centra o seu traballo profesional. Afincado en Madrid desde hai anos, Vila Sexto regresa á creación literaria cunha novela na que nos ofrece o mellor do seu estilo, ese que xa leva cativado a miles de lectores "As sete mortes".