Estás aquí:

Código: 2484

A esmorga (Ilustrada)

21,75  IVE INCLUIDO

«Este libro recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Cultura e Deporte 2020»

 

Edición Conmemorativa 50 anos.

A esmorga publicouse por Editorial Galaxia en 1970, despois dunha primeira impresión na Arxentina en 1959, debido ás dificultades que presentaba a censura franquista para a súa saída en Galicia. Decontado, a novela converteuse nunha obra de referencia da literatura galega contemporánea.

Co gallo dos cincuenta anos da súa aparición en Galicia, e en Galaxia, presentámola enriquecida coa obra de Diego Estebo, un dos ilustradores con máis proxección da nosa terra.

Esta edición inicia a Colección Xohán Ledo, que quere lembrar e honrar o deseñador que marcou a liña gráfica das primeiras décadas de Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 120
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 170 x 240 mm.
Colección: Xoán Ledo
Nº na colección: 1
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-475-6
Observacións:

AUTORES/AS

Estebo Ortiz, Diego
SONY DSC

(Barcelona, 1982). Formouse como deseñador e ilustrador en Vigo e na Coruña. Interesado en explorar as interseccións entre as distintas disciplinas, combina ambas as facetas durante anos en que traballa como freelance, así como en estudios e axencias.

No ano 2016 comeza o proxecto Códigos (asinado como Tebo), que o leva a desenvolver e expoñer a súa obra na India, Bolivia, A Arxentina e Italia, lugares onde busca sintetizar unha linguaxe gráfica e persoal cos trazos de identidade locais. As súas colaboracións como ilustrador espállanse por distintas revistas e editoriais, das que Luzes, Principia, Xordica e Galaxia son as máis recentes.

As súas obras

A esmorga (Ilustrada)
9788491514756
21.75€ CON IVE
Blanco Amor, Eduardo
Eduardo Blanco Amor

(Ourense 1897-Vigo 1979). A produción literaria de Blanco Amor comezou coa publicación de Romances Galegos (1928). A principios dos anos trinta entra en contacto con Castelao e con outros membros do Partido Galeguista e do Grupo Nós. Escribe Poema en catro tempos (1931) e desde Bos Aires colabora coa revista Nós.

Foi ademais o fundador e director do Teatro Popular Galego (1957). Antes de abandonar definitivamente América, Blanco Amor publicou A Esmorga (1959), libro que será nun dos grandes fitos da renovación da narrativa galega, e xa en Galicia leva ao prelo Os biosbardos (1962). Tras publicar unha nova edición de A Esmorga (1970) e a longa novela Xente ao lonxe (1972), centrou a súa produción no teatro (Farsas para títeres e Teatro pra a xente).

As súas obras

Romance de Micomicón e Adhelala
foto
esgotado

COLECCIÓN

Xoán Ledo

A esmorga (Ilustrada)
9788491514756
21.75€ CON IVE
Que me queres amor? (ilustrado)
9788491515739
22.25€ CON IVE