I Premio Viadutos de Novela 2018

Categoría: Premio

BASES QUE REXEN A CONVOCATORIA DO PREMIO VIADUTOS DE NOVELA 2018                                                                   
 
PRIMEIRA. Poderá concorrer calquera persoa maior de 18 anos na data de resolución do premio que presente a súa obra en lingua galega conforme ás normas ortográficas vixente.
 
Os textos presentados serán inéditos e totalmente orixinais. Non poderán ter sido publicados ou divulgados en todo ou en parte por calquera medio físico ou electrónico nin premiados en  data anterior ao fallo do xurado.
 
Os textos han ter unha extensión mínima de cen (100) páxinas, tamaño folio DIN A4, fonte Times New Román tamaño (12), interliñado dobre (2), mecanografadas por unha cara.  As follas deberán estar paxinadas. Os textos levarán escrito no encabezamento o pseudónimo da autora ou autor e o título da obra.
 
SEGUNDA. De cada obra achegaranse seis copias en papel impreso debidamente encadernadas e unha en soporte dixital  (pendrive) nun documento de procesador de textos.
 
Co texto en papel e formato dixital  xuntarase un sobre pechado co nome do relato e o pseudónimo elixido escrito por fóra que incluirá os seguintes datos: nome e apelidos da autora ou autor, enderezo postal e correo electrónico, teléfonos de contacto, fotocopia do DNI ou pasaporte.
 
TERCEIRA. Os textos remitiranse en sobre ou paquete por correo postal sen remite ou indicación que permita identificar a súa autoría,  so figurará  PREMIO VIADUTOS DE NOVELA 2018 co enderezo de destino:
 

PREMIO VIADUTOS DE NOVELA 2018

Multiusos da Xunqueira

Departamento de Xuventude

Paseo da Xunqueira s/n,

36800 Redondela.

 
A recepción de orixinais rematará o día 30 de marzo de 2018
 
CUARTA. Concederase un único premio en metálico, indivisible, de 3.000 euros suxeito á retención correspondente a efectos de IRPF.
 
QUINTA. O Xurado, nomeado polo excelentísimo Concello de Redondela, estará composto por cinco persoas relacionadas co mundo da cultura, lingua e literatura galegas, unha delas en representación da Editorial Galaxia. Actuará como secretaria/o, con voz e sen voto, persoal técnico da Concellería de Xuventude do Concello de Redondela. O premio adxudicarase á obra que por unanimidade, ou no seu defecto por maioría de votos o xurado considere merecedora do mesmo. O xurado poderá declarar o premio deserto, para tal caso a decisión terá que adoptarse por unanimidade. A decisión do xurado, que será inapelable, darase a coñecer durante o mes de maio  de 2018.
 
SEXTA. A obra premiada será editada e comercializada pola Editorial Galaxia na súa colección literaria. A Editorial Galaxia, terá o dereito de publicación da primeira edición e reimpresións así como os dereitos preferentes de publicación en lingua galega. Todo isto sen menoscabo dos dereitos morais e patrimoniais da gañadora ou gañador do premio.
Sobre calquera controversia atenderase ao regulado na Lei da propiedade intelectual vixente.
 
SETIMA. A entrega do premio terá lugar nun acto publico no Concello de Redondela que coincidirá coa presentación da publicación da obra premiada. A data será anunciada con suficiente antelación.
 
OITAVA. Os orixinais non premiados se poderán recuperar durante o prazo dun mes despois do  veredicto do xurado. Transcorrido o prazo, os textos serán destruídos.
 
A participación neste premio implica a completa aceptación das presentes bases e da decisión do Xurado que será inapelable.
 
ENTRADA EN VIGOR
O prazo de entrega de orixinais comezará a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPP.
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email