Nas últimas semanas, apareceron na prensa novas lecturas de O neno inverno, o libro co que María Canosa entraba nos fogares dos nenos galegos o pasado Nadal, abordando a relación entre un neno moi especial e un lobo doente.
En opinión de Ana Luna Alonso o libro “recupera a entrañable tradición dos relatos contados a carón do lume na cociña dunha casa de labranza e garante así a atención do público lector ao recrear esa agradable sensación de calor que desprende a amizade”.
Pola súa banda, no Sermos Galiza destacan o retrato da realidade do acoso escolar que “está presente de maneira directa e facilmente identificable, mais o termo non aparece mencionado en ningún momento. É un reflexo da sociedade e da realidade que viven moitos nenos. […] O xeito de tratar o tema, de maneira velada, é completamente provocado. Pasar por el en silencio, coma de esguello, sen comprometerse, salvo algunha voz díscola que, cando o fai, se xoga vovlerse o centro do ataque… é un reflexo fiel da realidade”.
Podes decargar a reseña completa de Ana Luna Alonso aquí.
E a do Sermos Galiza, aquí.