Noire Compostela no Faro da Cultura

Categoría: Nova

Noire Compostela é o último Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, un libro de intriga e misterio escrito por Blanca Riestra.
Hoxe no Faro da Cultura recensiónase este libro de linguaxe sinxela, con moito diálogo, frases coloquias, que é doado de ler e engancha dende o inicio para ao final rematar de maneira sorpresiva.
A realidade ligada ao mundo de internet, sen sabelo, convivimos cun pozo insondable, ignoramos o que se agocha nel. Noire Compostela iníciase cunha conversa entre un estudante, Xurxo, e Dafne, que traballa como camareira nun dos bares da zona vella compostelá. A partir de aquí, a trama enguedéllase nunha espiral de segredos imprevisibles e misterios de consecuencias arrepiantes cuxa orixe se remonta no tempo. Os enigmas que envolve a chamada Internet profunda parecen asolagar tamén a cidade nunha realidade ata daquela oculta, a dunha Compostela negra que abrolla dun xeito violento e inesperado. O inspector Touriñán e os axentes especializados en delitos cibernáticos van intentar sacar á luz ese submundo fantasmagórico e virtual que -coma antonte o escurantismo e o cheiro a incenso- invade silenciosamente o ventre pétreo da cidade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email