Montes Pena Presas achéganos á figura de Xela Arias, en “Intempestiva”

Categoría: Nova

Xa está dispoñible a biografía completa da homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021, Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias, escrita por Montse Pena Presas.
Chegará a todas as librerías do país esta publicación, que amosa unha Xela Intempestiva, adiantada ao seu tempo. Unha muller que non entendía a vida sen música.
Atopámonos ante o estudo máis pormenorizado que se escribiu ata o momento sobre a autora. A biógrafa, unha das analistas mais importantes do noso país, achéganos á sua figura como nunca antes se fixo.
Publicado nun formato fóra de colección, este libro é un percorrido a través dunha xeografía vital e musical. Unha lectura amena que nos amosa, a través dun abundante material fotográfico e unha lista de Spotify moi ben escollida, a vida da poeta de Sarria.
Unha lectura imprescindible sobre unha figura absolutamente versátil, á que non se lle poden poñer etiquetas de ningún tipo.
Intempestiva, como era Xela, unha muller adiantada ao seu tempo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email