Material sobre

Bonus track

Ás veces precísase dar todo por perdido para que algo inesperado te sorprenda.

Pero sempre hai unha posibilidade para a esperanza. Por iso cómpre esgotar as pistas establecidas se queres que apareza o BONUS TRACK”. Así comeza a sinopse deste libro de Rosalía Fernández Rial; agardando o xiro imprevisto, o impulso que te anima a seguir adiante.

Xusto o que se require que aconteza no ensino, especialmente na etapa da secundaria: cando semella que non hai nada que facer, precisas un estímulo inesperado para regresar con forzas ao instituto na xornada seguinte. Pasan as sesións, a rutina semella seguir igual, os conflitos e a desmotivación acumúlanse. Mais, de repente, se logras manter a confianza, agroma, de xeito milagroso, unha redacción, un sorriso, unha transformación, un feito que lle outorga sentido ao día a día. Nesa necesidade de manter a ilusión, da sorpresa precisa, se sitúa esta Unidade Didáctica arredor de Bonus track: un libro e unha proposta para aqueles e aquelas que cren nas derradeiras oportunidades.

A continuación, expoñeremos, pois, a Unidade Didáctica vinculada ao Bonus track. Música dentro. Play

Material para descarga

Outros materiais que poderían interesarche