Juan Luís Saco recibiu a Medalla Castelao

Categoría: Nova

Saco recibiu o galardón, onte, nun acto de entrega celebrado no palacio de Congresos de Santiago de Compostela.
As Medallas Castelao, instauradas no 1984, o ano no que foron repatriados desde Bos Aires os restos do ilustre rianxeiro, distinguen cada ano o labor de persoas ou entidades que destacan nalgún ámbito concreto. Un prestixioso recoñecemento que pon en valor a dilatada traxectoria de Saco.
Catedrático de latín, o profesor Xoán Luís Saco pasou de ser alumno de Otero Pedrayoa impartir clases no instituto que leva o seu nome e a presidir, ata hai dous meses, a fundación nombrada co mesmo nome que o autor de O señorito da Reboraina, antigo presidente de Editorial Galaxia.
Agradecendo este importante recoñecemento, o ex presidente da Fundación Otero Pedrayo, sede á que leva vencellado 40 anos, proclamou a importancia da cultura como a expresión máis poderosa que temos como sociedade. Fixo un percorrido pola súa traxectoria vital, desenvolvida en tres espazos distintos: a familia, a educación e a Casa Grande de Cimadevila, sede da Fundación Otero Pedrayo.
Sendo a ensinanza o seu principal chanzo no camiño profesional, seguiu os vieiros que comezaron a abrir os homes e mulleres do rexurdimento. Quixo destacar o labor de Castelao e aqueles homes, que xunto con el, formaron a Xeración Nós.
“Os ourensáns Losada, Risco, Cuevillas e Otero, foron quen de poñer a nosa terra nun lugar que lle corresponde no conxunto das nacións e darlle un discurso coherente na defensa do seu ser e da súa cultura que é o instruemento máis grande que temos para medrar como pobo”, afirmou no seu discurso.
Hoxe celebramos este merecido recoñecemento a un loitador incansable da cultura galega.

Comparte nas túas redes sociais ou por email