A Fundación Penzol recibe o Premio Cultura Galega 2020

Categoría: Nova

A Fundación Penzol recibe o Premio Cultura Galega 2020 na categoría de Patrimonio Cultural. Un dos máis prestixiosos galardóns de Galicia, o cal recoñece o inmenso labor da fundación. Nada en 1963 baixo o impulso de Fermín Penzol, nos seus case 60 anos de historia contribuíu á promoción e difusión do patrimonio cultural galego desde unha biblioteca composta por miles de títulos, manuscritos e pergamiños. O fondo abrangue máis de 47.000 títulos de monografías impresas desde o século XV, uns 3.800 títulos de publicacións periódicas ou 106 títulos de libros manuscritos do século XVII ao XIX.
Un valor cultural incalculable que hoxe recibe un fantástico recoñecemento.
A Xunta de Galicia convoca cada ano estes galardóns co obxectivo de poñer en valor a excelencia creativa e o labor de difusión cultural desenvolvido, con esforzo e talento, por persoas e institucións, tanto en Galicia como desde o exterior.

Comparte nas túas redes sociais ou por email