Festa dos Libros en Pontevedra esta fin de semana

Categoría: Nova

Esta fin de semana, entre os días 23, 24 e 25 de xuño, na praza da Ferrería de Pontevedra, terá lugar a Festa dos Libros, 2017 organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías da cidade. Un amplo programa que se desenvolverá de venres e sábado de 11.00 a 14.30 h e de 18.00 a 23.30 h e o domingo de 11.00 a 14.30 h e de 18.00 a 22.00 h.
A Editorial Galaxia estará presente a través das súas autoras e dos seus autores. Estes son os nosos actos:
Venres 23
18.00h Viños e petiscos con Ana Cabaleiro, autora de Sapos e sereas. Auditorio
18.30h María Solar firma o seu exitoso libro Os nenos da varíola. Cronopios
 
Sábado 24
12.30h Miguel Anxo Fernández presenta Blues para Moraima acompañado de Francisco Castro. Cronopios
13.30h Francisco Castro firma os seus libros Amor é unha palabra coma outra calquera e Tes ata as dez
19.30h Iria Collazo firma A soidade das medusas. Libraría Paz
 
Domingo 25
12.00h Concerto presentación de Volta, revolta e reviravolta, o novo traballo de As Maimiñas. Librería El Pueblo
19.00h Inma López Silva firma Aqueles días en que eramos malas. Cronopios
20.00h Xosé Monteagudo firma Todo canto fomos. Libraría Paz
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email