Presentación de “José Gil. Pontevedra provincia de cine, na orixe do cinema”, no Grove

Data e hora de comezo: 4, Novembro 2023 / 10:00
Data e hora de remate: 4, Novembro 2023 / 20:30
C.P.

O sábado 4 de novembro, celebrarase, a partir das 10 h, no Auditorio Municipal do Grove, un acto que leva por título José Gil. Pontevedra provincia de cine, na orixe do cinema, con visitas ao cinemóbil Nº 3.

Durante a xornada, celebrarase a presentación de Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil, Premio Antón Losada Diéguez de Ensaio 2023, de Manolo González.

De 13 h a 14 h, celebrarase unha sesión vermú, que contará coa actuación musical da Banda de Música de Castrelo, de Cambados.

Comparte nas túas redes sociais ou por email