O sábado 2 de decembro, celebrarase, a partir das 10 h, na Praza da II República de Vilagarcía de Arousa, un acto que leva por título José Gil. Pontevedra provincia de cine, na orixe do cinema.
Celebraranse visitas ao cinemóbil nº 3.
Ás 12 h, no Auditorio Municipal, terá lugar a presentación de Nos días encantados de agosto, Premio Antón Losada Diéguez de Investigación e Ensaio 2023, de Manolo González.
Entre as 13 h e as 14 h, no mesmo auditorio, haberá sesión vermú con música en directo a cargo da Banda de Música de Vilagarcía de Arosa.
Pola tarde, de 17 h a 20:30 h, na Praza da II República, ofreceranse visitas ao cinemóbil nº 3.
Entre as 20 h e as 21:30 h, no Auditorio Municipal, haberá proxeccións de balde para público xeral.