O mércores 14 de decembro, celebrarase, ás 18 h, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, unha masterclass da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, que leva por título "Escribir Literatura Infantil e Xuvenil".
Será unha conversa entre o escritor e músico Xosé Lueiro, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
A ilustradora Sara Valcárcel estará debuxando en vivo.