Esta mañá recibimos na Editorial Galaxia a visita do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen quixo coñecer de primeira man a situación da industria editorial galega e, nomeadamente, a da Editorial Galaxia neste seu 70 aniversario. Ademais de Gonzalo Caballero, participaron na visita, Olga Alonso e Ángeles Marra, deputada no Congreso, en Madrid, Leticia Gallego, deputada no Parlamento de Galicia, e Abel Losada, concelleiro de Cultura de Vigo. Todos foron recibidos por Xavier Martínez Cobas, Conselleiro Delegado de Editorial Galaxia, e Francisco Castro, Director Xeral.