Día Mundial da Parálise Cerebral

Categoría: Evento

Este mércores día 2 de outubro celébrase o Día Mundial da Parálise Cerebral para reivindicar os seus dereitos e lograr a súa inclusión real na sociedade. María Fumaça é un exemplo nesta loita social, un proxecto literario e musical que aporta optimismo sobre a discapacidade na infancia. Sen dúbida, un proxecto que nos enche de satisfacción. Co seu poder creativo, pensado para a integración e a felicidade, difunde a idea de que a discapacidade pode tamén ser vivida con normalidade e optimismo.
María Fumaça naceu do amor e a loita continua por axudar e facer feliz a Ruí, un rapaz con parálise cerebral. Un canto á vida que naceu como agasallo de nadal en forma de disco de parte da súa madriña Uxía Senlle, cantante galega, xunto con outros músicos amigos, para chegar a converterse nun dos traballos musicais e literarios máis importantes do momento.
O proxecto nace da man de Uxía Senlle, xunto co guitarrista Sergio Tannus, e numerosos artistas e amigos que conforman a gran familia de María Fumaça. Neste momento levamos publicados tres títulos. Informamos aos seus fans que este nadal haberá unha nova entrega de María Fumaça!
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email