Comeza o primeiro obradoiro da Escola de Letras con Inma López Silva

Categoría: Nova

Onte comezou o primeiro obradoiro da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, coa escritora e docente Inma López Silva.
Con 15 prazas cada curso, botou a andar onte en Vigo, de maneira telemática, o encargado de innaugurar esta segunda edición da Escola. Celebrase os días 15 e 22 de marzo; 12, 19 e 26 e  abril; 3, 10 e 24 de maio. A partir do día 17 deste mes, comezará o segundo obradoiro coa escritora, previsto para a cidade de Pontevedra, durante oito sesións, os días 17 e 24 de marzo; 14, 21 e 28 de abril; 5, 12 e 19 de maio.
Baixo a premisa de aprender e ensinar, estos cursos funcionan como un espazo literario onde todas e todas poden exprimir o seu potencial creativo, sen medo á folla en branco, demostrando que “tod@s temos unha historia que contar”.

Comparte nas túas redes sociais ou por email