Dobre recoñecemento para Domingo Villar

Esta fin de semana foi especialmente feliz para o escritor Domingo Villar e concretamente para a súa novela 'A praia dos afogados'. O venres recibía o Premio Frei Martín Sarmiento, un galardón que outorgan os escolares de Galicia, neste caso na categoría de adultos, ao mellor libro lido por eles no ano anterior. Un galardón […]

Inaugurada a exposición 'No niño novo do vento'

A Casa da Parra de Santiago de Compostela acolle ata o vindeiro 26 de xuño a exposición itinerante "No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro, 1911-2011", coa que se conmemora o centenario do nacemento do escritor mindoniense mediante a mostra de todo tipo de fondos documentais, obxectos persoais, manuscritos e primeiras edicións […]

Miguel Anxo Fernández presenta LUME DE COBIZA no Carballiño

O acto terá lugar hoxe xoves, ás 20:00 h, no Casino de Carballiño. O autor estará acompañado por Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, Ángel de la Cruz, director de cine, e Eduardo Galán, crítico cinematográfico. O detective Frank Soutelo deixa Los Ángeles para resolver o seu primeiro caso en Galicia. Con este novo […]

Sétima edición para 'Made in Galiza'

Dende a súa aparición no ano 2007, 'Made in Galiza', de Séchu Sende, non deixa de se editar. Referencial en moitos centros de ensino pola vitalidade dos seus relatos á hora de estudar as cuestións da nosa (estraña) sociolingüística, os relatos deste volume cativan tamén ano tras ano a un público xeralista que cae rendido […]

O patrimonio da comunidade

O número 189 da revista GRIAL aborda un dos temas de maior debate social nos últimos tempos: a significación do común (o patrimonio e os valores comunitarios) fronte ás estratexias e mecanismos do interese privado, tanto no eido da economía coma no eido da comunicación, a cultura, o medio ambiente, a ciencia, a información, etc. […]

Lois Pereiro segue connosco

"Lois Pereiro é un poeta popular. Un poeta que conecta coa contemporaneidade e que de seguro está a ser entendido pola mocidade, pola xente nova do país. Esta é a súa forza e a garantía da súa permanencia". Antón Lopo presentou na súa terra de Monforte, de onde é o xornalista e onde naceu tamén […]

Recoñecemento para JAN ESTIVO ALÍ

A prestixiosa revista CLIJ, todo un referente no que se refire á Literatura Infantil e Xuvenil de calidade, vén de publicar no seu último número a súa lista de honra anual que recoñece os mellores títulos editados e clasificados por idades do ano pasado. No referido ao chanzo de idade que vai dos oito aos […]

Segunda edición para 'A lei das ánimas'

Estes días está a chegar ás librerías do país a segunda edición da novela de Carlos G. Reigosa, 'A lei das ánimas', novela que o autor da Pastoriza centra na Santa Compaña nun novo caso do ben coñecido polas lectoras e lectores galegos, Nirvardo Castro. Desta novela dixo o crítico literario Ramón Nicolas nas páxinas […]