'Futuro imperfecto' de Xulia Alonso, premio Frei Martín Sarmiento

Onte fallouse, na súa categoría máis alta, o Premio Frei Martín Sarmiento, un galardón que recoñece as mellores obras publicadas durante os dous anos anteriores a xuízo dos escolares galegos. Xa que logo, un galardón de gran altura porque significa o refrendo da calidade por parte de lectores e lectoras que teñen a oportunidade, por […]

ESPERANDO O LEITEIRO en Compostela

A Biblioteca Ánxel Casal (Avda. Xoán XXIII) acolle esta tarde, ás 20:00 h, a presentación deste novo título na longa traxectoria dun dos mestres da narrativa galega contemporánea. O acto contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Dolores Vilavedra, crítica literaria, e o […]

Festa grande en Trasalba

Foi un día grande, coa casa de don Ramón chea de xente e de agarimos. Antía Cal Vázquez (A Habana, 1923) recibíu o Premio Trasalba na súa trixésima edición por toda unha vida dedicada á docencia, polo seu compromiso con Galicia, pola tradición galeguista propia e familiar, polo seu labor como ensinante (formadora de varias […]

Haruki Murakami, candidato ao Premio Príncipe de Asturias

O autor xaponés, de quen publicamos en Galaxia a súa obra, está hoxe na lista de escritores finalistas para afacerse cun dos galardóns máis cobizados da literatura mundial, o Príncipe de Asturias das Letras 2012. O premio fallarase durante a xornada de hoxe en Oviedo. Murakami (1949) é un dos grandes referentes da literatura actual […]

Hoxe en Compostela, proxectamos DÚAS LETRAS

O acto, que terá lugar ás 20:30 h no Salón Teatro (rúa Nova, 34), contará coa participación do director e da guionista que presentarán o libro e darán paso á proxección da película. A entrada é de balde ata completar o aforo da sala. Editorial Galaxia vén de publicar Dúas letras, a película de Eloy […]

Aranga rendeuse ante "O Señor das dunas"

Esta fin de semana, como todas as fins de semana dende hai meses, seguiu desenvolvéndose o Programa de Dinamización Lingüística "FalaRedes", e na que unha produción de Merlín Comunicación, do Grupo Editorial Galaxia, en colaboración con Adarme Visual, está a ter un protagonismo moi especial. A obra 'O señor das dunas', destinada ao público xeral, […]

O peizoque Roque

Estes días irá chegando ás librerías de todo o país o debut como autora para público infantil de Dores Tembrás. Galaxia publica 'O peizoque Roque', un álbum na colección OS DUROS, ilustrada fermosamente por Xosé Tomás. Estamos diante dun delicado exercicio poético que nos pon diante da historia dun peizoquiño ben curioso, que quere alimentarse […]

Quince edicións para 'Xente no rodicio'

Este mes de maio que xa rematou viu saír do prelo, entre outras novidades bibliográficas interesantes, a primeira edición na Biblioteca Neira Vilas, mais a número quince dende que viu a luz no ano 1965, de 'Xente no rodicio', o primeiro libro de relatos de Xosé Neira Vilas. Nesta nova edición, agora dentro da colección […]