A escritora Nélida Piñón ingresou o sábado na RAG como Académica de Honra

O discurso fúnebre de Pericles e os relatos do avó Daniel ao pé da lareira ostentan unha xerarquía semellante no altar literario de Nélida Piñón, quen atopou na experiencia da emigración, coñecida en segunda persoa a partir do relato dos seus pais, emigrantes galegos no Braisl de primeiros de século, un tema preferente na súa […]
Xiqui Xoque, Fiú Fiú! xa está dispoñible no iTunes e en Spotify
Dende que demos comezo á publicación de música galega, en especial a destinada para música infantil, sempre tivemos moi presente dende a Editorial Galaxia que era moi importante que as creacións dos nosos intérpretes e grupos puidese estar presente nas principais plataformas de descarga musical. Ese é o motivo que nos leva, hoxe, a anunciar […]
Comeza a constituirse a Fundación Blanco Amor

O paasdo domingo deuse o primeiro paso para a constitución da Fundación Blanco Amor nun acto celebrado no Centro Cultural da Deputación de Ourense. No acto participaron representantes das distintas institucións implicadas no que será a futura Fundación. Así, asistiron, entre outros, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, o presidente […]
Presentamos o booktrailer de REO

Mañá é o día no que botará a andar un blog, que tamén poderá ser seguido dende o de Galaxia, centrado na novela de Xesús Fraga, REO, que foi merecente do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil do ano pasado. Nese espazo web, Xesús Fraga irá publicando post relacionados con esta novela que está empezando […]
Coloquio-presentación de MATERNOSOFÍA en Vigo

A escritora Inma López Silva, acompañada da actriz Mariana Fernández e do Director de Edicións de Galaxia, Carlos Lema, presentarán e manterán un coloquio arredor do libro MATERNOSOFÍA no Centro de Recursos Feministas de Vigo ás 19 h. Inma López Silva ofrécenos un diario dunha escritora que vive por primeira vez a experiencia da maternidade […]
Editorial Galaxia presenta en Bruxelas o seu proxecto exterior

A idea é proxectar a cultura galega alén das nosas fronteiras, empezando polo mundo do libro. O próximo día 18, xoves, ás 20 horas, preséntase no Instituto Cervantes de Bruxelas o proxecto Mar Maior, coa participación dos escritores Xavier Alcalá e Xavier Queipo, a directora do Instituto Cervantes, María González Encinar, o director de Editorial […]
O escritor Xosé Neira Vilas Premio da Cultura Galega 2014

O escritor Xosé Neira Vilas, a Galería Trinta, o actor Cándido Pazó, o Festival de Ortigueira, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), o profesor David Mackenzie, o Grupo Marcelo Macías e o Centro Pen Galicia son os galardoados deste ano cos Premios da Cultura Galega, que constitúen un recoñecemento colectivo á traxectoria e á […]
O proxecto Mar Maior presentouse onte en Bruxelas

Mar Maior é un proxecto da editorial Galaxia que onte foi presentado na sede do Instituto Cervantes de Bruxelas. Un proxecto moi ambicioso que, sen complexos, tenta poñer aos autores de nós, clásicos e contemporáneos, no mercado global. Títulos como a 'Historia de Galicia' de Ramón Villares, 'Cuentos para las Américas' de Emilia Pardo Bazán […]